enquisa Alvariza certificación forestal 2022

Solicita o informe completo

0*

Enquisa Poblacional * 2022

0%

Homes media 64 anos

0%

Mulleres media 66 anos

O 59.2% dos enquisados son pensionistas, situación laboral maioritaria dos xestores forestais activos.

O nivel de estudos primarios domina o sector, con un 40.31% dos membros enquisados teñen estudos Primarios.

Estudos Primarios
40.31%
Estudos Secundarios FP
28.85%
Estudos Formación Profesional
16.84%
Estudos Universitarios
10.58%
Sen Estudos
1.17%
Áreas Rurais

Lugar preferido
Rural     Cidade

As zonas de residencia dos xestores forestais seguen a ser as áreas rurais de xeito preferente (77%). O territorio rural é xestionado dende o propio rural e non dende os grandes núcleos de poboación. Isto debe ser estendido a agricultura e gandeiría.

USO DO MONTE E EXTENSIÓN DAS PROPIEDADES.

Independientemente da certificación forestal, preténdese establecer o grao de produtividade do total das propiedades forestais de un xestor, Un 13 % das parcelas non teñen un uso produtivo dende o punto de vista da xestión forestal tradicional. Isto indica unha elevada porcentaxe de xestión forestal (fundamentalmente madeira para produción de madeira) dentro do perfil dos participantes na enquisa.

Sí, todas as parcelas son de uso productivo
87%
Non todas as parcelas son de uso productivo
13%


Considérase un propietario forestal activo

Si
0%

son proactivos no coidado das suas propiedades forestais

Non
0%

se consideran propietarios forestais activos

Relevo xeracional

En contraposición co análise do ano 2020 favorable a renovación xeracional, hai un 33.75% de interese ou compromiso dos fillos e fillas en continuar coa xestión sobre as parcelas forestais.


COÑECEMENTO DOS SISTEMAS DE CERTIFICACIÓN FORESTAL FSC® E PEFC™

PREVIAMENTE A INCORPORACIÓN NO GRUPO ALVARIZA

O 79% dos enquisados descoñecía os selos de certificación forestal FSC e/ou PEFC.

Existe un maior coñecemento en certas áreas que probablemente teñan relación coa especie forestal utilizada e o tipo de propiedade forestal maioritaria.
Asemade, constátase a necesidade de maior divulgación por parte dos selos de certificación, sobre globalizar o coñecemento destas ferramentas de mercado que garanten a sustentabilidade dos produtos de orixe forestal.



Especies Forestais

A maioría dos propietario forestais non teñen unha opinión negativa acerca do uso do eucalipto como especie produtiva.

73.33%

A opinión xeral sobre o eucalipto "é boa” por parte dos propietarios forestais.


64.95%

Os propietarios son reticentes a plantar algunha especie de piñeiro.

MOTIVOS DOS INCENDIOS FORESTAIS

Esta pregunta fai referencia a crenza sobre a motivación dos incendios forestais.

A pregunta foi multi-resposta. As principais causas as cales os enquisados culpan os incendios forestais son datos en %:
0 Falta de limpeza
0 Pirómanos
0 Motivos políticos
0 Cazadores
0 Gando
0 Conflitos
0 Naturais
0 Outros
Copyright 2022 Grupo Alvariza ©. Diseñado por Revelio y A2 Laboratorio de Ideas