BASES DA PROMOCIÓN DE “REXISTRO NA COMUNIDADE GALIFOREST 2024”
ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN:
A promoción “ REXISTRO NA COMUNIDADE GALIFOREST 2024” está organizada por ENXEÑERIA FORESTAL ASEFOR, S.L. , con C.I.F. número B-94033339, e con domicilio en Ames ( A Coruña), en Rúa das Hedras nº6 Loft 1C. CP. 15895(en adiante, “ASEFOR”), e está suxeito ás bases legais que se indican a continuación (en adiante, as “Bases”).
ACEPTACIÓN DO PARTICIPANTE
A aceptación de todos e cada un dos termos e condicións contidas nas Bases é condición necesaria ós efectos de participar na promoción organizada por ASEFOR.
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Soamente poderán participar na promoción as persoas maiores de idade e residentes en España que cumpran os requisitos previstos nestas Bases. Os gañadores deberán poder demostrar a súa maioría de idade e presentar o seu Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte. Para poder participar na promoción, o participante deberá cumprimentar o formulario con datos persoais solicitados.
A información que proporcione o participante se utilizará coa única finalidade de xestionar o desenvolvemento da promoción e seleccionar ós gañadores.
DURACIÓN DA PROMOCIÓN:
Comezará ás dez (10:00.-) hora peninsular, do día 27 de xuño de 2024 e finalizará ás dez (22:00.-), hora peninsular do día 29 de xuño de 2024.
PREMIOS DA PROMOCIÓN:
Sortearanse 1 Smart watch entre as persoas rexistradas na comunidade Bikenta Silvicultor Activo durante a celebración do Galiforest 2024. Esta promoción é válida na Península, Canarias e Baleares.
A organización resérvase o dereito para cambiar as condicións do concurso se se producise algún imprevisto alleo á súa vontade.
PERFIL PARA PARTICIPAR NA PROMOCIÓN:
https://bikenta.silvicultoractivo.com/
MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN:
Entra na páxina de Bikenta Silvicultor Activo e rexístrate na comunidade, confirma os teus datos persoais a través do correo electrónico que recibas e entrarás directamente no sorteo.
Só se pode participar unha vez por usuario.
SELECCIÓN DE GAÑADORES/AS:
Unha vez finalizada a promoción os responsables da Organización, elixirán entre as persoas rexistradas durante a feria o gañador, en base ao criterio aleatorio acorde coa mecánica establecida de participación.
A Organización publicará a listaxe de persoas gañadoras e reservas na páxina web https://bikenta.silvicultoractivo.com/ e nas suas redes Sociais. Poñerase en contacto cas persoas participantes a través de correo electrónico para comunicarlles o resultado do sorteo e de ser o caso a súa condición de gañadores/as do premio. Na devandita comunicación faráselles saber o premio obtido e as condicións para gozar do mesmo.
A elección dos gañadores non será recorrible e non se aceptarán reclamacións nin se entaboará ningún tipo de correspondencia ao respecto.
PUBLICACIÓN DO NOME DAS PERSOAS GAÑADORAS:
Os nomes dos gañadores serán comunicados como máximo o día 25 de Xullo na páxina web https://bikenta.silvicultoractivo.com/
MODOS DE ENTREGA DOS PREMIOS:
Os premios da presente promoción serán entregados pola Organización, quen se poñerá en contacto coa persoa gañadora para explicarlle os detalles da entrega do mesmo. Este sorteo faise ao abeiro da partipación de Asefor na feria “Galiforest 2024” dentro da asociación Bioeco2.
FACULTADE DE SUPERVISIÓN
ASEFOR reservase o dereito de descalificar a calquera participante que manipule os procedementos da promoción, que indique información ou datos falsos ou inexactos e/ou que viole as Bases. Así mesmo, ASEFOR reservase o dereito de emprender accións xudiciais contra aqueles participantes que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.
LÍMITE DE RESPONSABILIDADES
ASEFOR non se fará responsable de aquelas participacións extraviadas, derivadas de errores técnicos ou derivados do mal funcionamento electrónico de calquera rede, hardware ou software, erro humano, técnico ou calquera outro tipo que poida ocorrer ó procesarse a participación.
ASEFOR non será responsable polos danos ou perxuizos que puidese sufrir o participante ou gañador desta promoción ou do uso do premio ou da insatisfacción co premio, declinando toda responsabilidade contractual ou extracontractual fronte os gañadores e/ou terceiros, o que é aceptado por todos e cada un dos participantes.
Igualmente, ASEFOR queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos participantes que impedira a súa identificación.
Adicionalmente, ASEFOR non se responsabiliza das posibles perdas, deterioras, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que puidese afectar ao envío dos premios.
LEXISLACIÓN APLICABLE E FORO
Os participantes e ASEFOR conveñen que esta promoción e as Bases rexiranse pola lexislación española común, someténdose ambos a xurisdición exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, con renuncia a calquera outro foro que puidera corresponderlles.
DATOS PERSONAIS
De conformidade coa la Lei 15/1999 do 13 de decembro (Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal, LOPD) ASEFOR informa os participantes que os datos persoais que se lles solicita no formulario, e que libre e voluntariamente facilitan, serán recollidos e tratados por ASEFOR e incluídos nun Ficheiro de Datos do cal ela é responsable, coa única finalidade de xestionar o desenvolvemento da promoción e seleccionar o gañador. No caso de que non se suministren tódolos datos de resposta obrigatoria poderase proceder o bloqueo da participación hasta a inclusión dos mesmos; os datos considerados como obrigatorios serán os estritamente necesarios para la finalidade indicada. Coa aceptación de estas Bases, o participante consinte expresamente o tratamento dos datos persoais.
En cumprimento do principio de calidade dos datos persoais, expresado no artigo 4 da LOPD, o participante comprometese a facilitar datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, de forma que respondan con veracidade a situación de este, sendo o único responsable en caso de ser falsos, incompletos, no actualizados ou inexactos.
Os Participantes poderán exercitar os dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición que le recoñece la LOPD, de forma gratuíta e nos termos, establecidos pola lexislación vixente ou efecto, mediante a remisión da correspondinte solicitude por correo postal a Rúa das Hedras nº6 Loft 1C. CP. 15895 Ames, A Curuña, ou enviando un mensaxe de correo electrónico á seguinte dirección: asefor@gestionforestal.es, indicando en ambos casos o seu nome e apelidos e acompañando unha fotocopia do seu DNI.
Máis información na web https://bikenta.silvicultoractivo.com/ ou no email asefor@gestionforestal.es